Escola Politécnica Superior de Enxeñería, USC Campus de Lugo
Facultade de Veterinaria, USC Campus de Lugo
Granxa Docente Gaioso Castro. Deputación Provincial de Lugo
Laboratorio Interprofesional Galego de Analisise do Leite (LIGAL)
MÁSTER EN PRODUCIÓN DE LEITE
Prazo de inscrición do 16/05/2022 ó 30/06/2022
CARGA LECTIVA
O Máster en Produción de Leite impártese en formato presencial articulado en 60 créditos ECTS :
35 créditos ECTS de clases presenciais (10 horas por crédito)
12,5 créditos de prácticas en empresas (25 horas por crédito)
12,5 créditos de traballo fin de máster (125 horas de traballo persoal)
DURACIÓN DO CURSO
Clases presenciais de setembro de 2021 a Xuño de 2022
Prácticas en empresas de outubro de 2021 ata non mais tarde do 30 de xaneiro de 2023
Viaxes de prácticas: Xaneiro -Xuño 2022
Traballo fin de máster, con posibilidade de tres convocatorias: Xullo 2022, novembro 2022 e febreiro de 2023
TITULACIÓN
Tras superar satisfactoriamente o máster o alumno obterá o titulo expedido pola Universidade de Santiago de Compostela de Máster Propio en Produción de Leite, para o cal deberá cumprir o seguinte:
Asistir a máis do 75% das actividades programadas
Superar os exames de cada unha das materias
Superar un exame final global
Realizar e superar con aptitude un traballo fin de máster
MÓDULOS FORMATIVOS 2021/22
Ofertamos a posibilidade de cursar dous módulos formativos de forma independente (sin necesidade de cursar a totalidade do máster), como cursos de formación continua:
* Curso Básico de Alimentación na Produción de Leite (3 prazas). Código: FCA4011 / 722
* Curso Básico de Economía da explotación de leite (3 prazas). Código: FCA4021 / 723
PRÁCTICAS EN EMPRESAS DO SECTOR
O Máster contempla a realización de 12,5 créditos (312,5 horas) de práticas obrigatorias en empresas do sector: Cooperativa Agraria Provincial da Coruña S.C.G; Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL); Laboratorio Interprofesional Galego de Analise do Leite (LIGAL); CLUN / Os Irmandiños S.C.G.; SERAGRO S.C.G.; SERVEPO (Servicios Veterinarios de A Pontenova); OVIGANIC IBERICA SL.; AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias); Agrotec Entrecanales; datas de realización fixaranse de acordo coa a empresa, podendo comezar a partir do 13 de octubro de 2022 e finalizando non máis tarde do 30 de xaneiro de 2023. AIRA sociedade cooperativa galega. As datas de realización fixaranse do acordo coa empresa, podendo comezar a partir do 13 de octubro do 2023 e rematando non máis tarde do 30 de xaneiro de 2023.
PATROCINADORES
ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR CAMPUS DE LUGO
Rúa Benigno Ledo s/n · 27002 · Lugo · Universidad de Santiago de Compostela