GA ES
Iscripción Master de Leite

CRITERIOS DE ACCESO


Requisitos de acceso

Graduados, máster, diplomados, licenciados e enxeñeiros técnicos e superiores. Poderán ser admitidos os alumnos aos que lles reste por superar o TFG e, como máximo de 9 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida. Non obstante, o título de máster propio expedirase unicamente para aqueles alumnos que acrediten a titulación de acceso requirida antes de acabar o ano académico no que remata o máster.

Nos módulos formativos, Curso de Formación Específica de Alimentación na Produción de Leite (Código: MP0173-FD0167), e "Curso de Formación Específica de Economía da Explotación de Leite (MP0173-FD0168), poderán ser admitidos titulados dos ciclos formativos de Formación Profesional.

Criterios de selección

Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios:

1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa.
2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos).
3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.

PATROCINADORES

COLABORADORES

  • ligal
  • servepo
  • irmandinos
  • aira
  • seragro
  • ingacal
  • trouwnutrition
  • Quescream


ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR CAMPUS DE LUGO
Rúa Benigno Ledo s/n · 27002 · Lugo · Universidad de Santiago de Compostela

Aviso Legal · Política de Cookies · Protección de Datos

Prodesin.com