FINALIDADE, TITULARIDADE E ACCESO
A finalidade da web é a difusión de contidos e actividades do Máster en producción de leite, Máster propio da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Entidade que ten por finalidade o fomento da docencia, a investigación e a difusión de coñecementos
A titularidade dos contidos da web pertence ao Máster en producción de leite da USC, sendo o titular dos dereitos a Universidade de Santiago de Compostela.
As persoas usuarias deste sitio web poderán efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao seu contido e a súa normal utilización. Non obstante, non poderán efectuar os seguintes actos:
Os que sexan contrarios a unha explotación normal da base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos.
Os que prexudiquen a/o titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na web da Cátedra.
Non se precisará a autorización do titular:
Cando se realice unha produción con fins privados.
Cando a utilización se realice con fins educativos ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte. A persoa usuaria debe citar sempre a Máster en produción de leite como fonte dos materiais consultados e da información obtida.
Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario o acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos do seu contido.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a USC resérvase o dereito a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
OUTROS DEREITOS
Os dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o soporte lóxico subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os distintos elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), corresponden á USC, quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva da persoa usuaria.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.
Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.
PROTECCIÓN DE DATOS
Nesta web non se recollen datos de carácter persoal.
Para calquera información sobre protección de dato sna USC debe dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: protecciondatos@usc.gal
POLITICA DE PRIVACIDADE
A política de privacidade e protección de datos da USC se pode consultar na web: http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/politica-privacidad.html
ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR CAMPUS DE LUGO
Rúa Benigno Ledo s/n · 27002 · Lugo · Universidad de Santiago de Compostela