GA ES
Iscripción Master de Leite

CRITERIOS DE ACCESO


Requisitos de acceso

Graduados, máster, diplomados, licenciados, veterinarios i enxeñeiros técnicos e superiores.

Poderán ser admitidos alumnos aos que lles falte cursar un máximo de 30 créditos ECTS para obter a titulación requirida. Non obstante, o título de máster propio expedirase unicamente aos alumnos que acrediten a titulación de acceso antes de rematar o ano académico no que se desenvolve o máster.

Nos módulos formativos, Curso Básico de Alimentación na Produción de Leite (Código: FCA4011 / 722), e "Curso Básico de Economía da Explotación de Leite (Código: FCA4021 / 723), poderán ser admitidos titulados dos ciclos formativos de Formación Profesional.

 

Criterios de selección

Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios:

1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa.
2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos).
3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.

PATROCINADORES

COLABORADORES

ligal
servepo
irmandinos
seragro
ingacal
trouwnutrition


ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR CAMPUS DE LUGO
Rúa Benigno Ledo s/n · 27002 · Lugo · Universidad de Santiago de Compostela

Aviso Legal · Política de Cookies · Protección de Datos

Prodesin.com